Tuesday 21 de May de 2024

Máis do 80% de aprobados no curso de ESO para persoas adultas


Susana García, concelleira de Educación de Ordes, fixo onte entrega dos diplomas do curso de ESO para persoas adultas. Nesta ocasión foron arredor de 30 alumnas e alumnos os que concluíron o curso iniciado no pasado mes de outubro. En total foron máis do 80% os que superaron as probas finais realizadas no pasado mes de maio. Analizando por áreas a científico-tecnolóxica foi a que alcanzou un maior número de resultados satisfactorios cun 90%, mentres que as de lingua e sociais se situaron nun 80%.

No acto de entrega Susana García felicitou a todas e todos os alumnos e animounos a continuar coa súa formación. De feito, tras acadar o título oficial de graduado en Secundaria, xa son moitas e moitos os que solicitaron a súa praza en ciclos de Formación Profesional dentro das ramas de enfermería, cociña ou administrativa.